Pirixel

…a finais da década dos anos 90 decido estudar cociña na Escola de Hostalería de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, impulsado por que xa outros veciños de Cerceda, pobo do que son nativo, xa deran este primeiro paso, e animado polo Padre Lista a quen lle estarei sempre agradecido.

       Logo de rematar os meus estudos, traballei en distintos restaurantes do único que sei facer, cociñar.

      No ano 2013 dou o paso de montar o meu propio negocio coa axuda da miña dona, Raquel, a que tamen lle gusta  cociñar, ten man como se soe decir, e sin pasar por ningunha escola de hostalería tamén lle colle o gusto a esta profesión.

       Así é como nace Pirixel, unha casa humilde onde tratamos que cada un dos comensais que por aquí pasa, disfrute dun bo producto elaborado con mimo   e respeto, e salga con un sorriso da nosa casa que tamén é a súa.

                                                   Suso Rodríguez